Son un lucense que naceu no 81. Nunca se me deu ben escribir, e aínda así levo xa moitos anos escribindo neste blog. Desfruto facéndolle fotos a case todo, e desfruto aínda máis véndoas, recordando o momento no que foi feita. Fago fotos para recordar momentos, coa esperanza de volver ao mesmo sitio e facer a mesma foto. Gústame volver aos sitios que me gustaron, sentar e desfrutar dos recordos. Gústame andar; unha vez fun andando a Santiago, e quero repetir. Uso Ubuntu desde a versión 6.10 (outubro do 2006), todos deberiamos usar software libre e coñecelo, o mundo sería mellor. Gústame a xente que fai cousas, o que sexa, trabucarse é parte do ser humano, estar parado non. Gústame programar, sempre teño máis de un proxecto aberto, ás veces demasiados, e ás veces demasiado parados. Dous dos proxectos nos que ando argallando son dichoqueda.com e opendello. Empezo moitas cousas e remato algunhas, de todas aprendo algo. Leo todo o que podo. Vin Lost enteiro dúas veces. Encántame Barcelona. Aínda non fun a Nova York. Nin a Tokio. Estou aprendendo a a calcetar. Gústame Lugo, e as súas tapas.
Envíame cousas a victor@blogovic.com, prometo contestar.