BLOGOVIC.com

Borde izquierda
Borde izquierda
RSS 2.0 Últimos comentarios
Borde izquierda
Borde izquierda
Archivo
Valid XHTML 1.0 Transitional
Valid CSS
Valid RSS

eMfeminino: encontro da muller urbana
  jueves, 06/03/2008 por vic en lugo
Cartel emfeminino: encontro da muller urbana

Este vindeiro sábado 8 de marzo ás 20.00, celébrase na praza de Santa María en Lugo o encontro da muller urbana eMfeminino organizado pola casa da muller do Concello de Lugo. Encontro enmarcado dentro da conmemoración do día internacional da muller para reinvindicar os seus dereitos.

O encontro estará protagonizado íntegramente por mulleres que nos traen diferentes estilos artísticos como a música soul, o hip-hop, breakdance e graffiti. Podes obter máis info nas súas webs: Arianna Puello (Girona), Ikah (Madrid), Aniki (Barcelona), Wöyza (Vigo), Mefe (Madrid), Delise (Madrid), Peppa (Los Angeles), Only (Venezuela).

Por certo, a entrada é de balde. Sen dúbida, merece a pena achegarse por alí para ver o que nos teñen que dicir. Vémonos no eMfeminino...

0 comentarios | 597 clicks


También te puede interesar:


Sin comentarios



Comentarios cerrados



El contenido de esta web está bajo una licencia Creative Commons. Lo puedes copiar, modificar y distribuír libremente, con el único requisito de mencionar su origen.

entrar
Tiempo de carga de la página: 0.547 seg.