BLOGOVIC.com

Borde izquierda
Borde izquierda
RSS 2.0 Últimos comentarios
Borde izquierda
Borde izquierda
Archivo
Valid XHTML 1.0 Transitional
Valid CSS
Valid RSS

Pequenos obxectos do pasado
  lunes, 01/02/2010 por vic en libros

A maioría da xente á que axudo non ten nada. Perdeuno todo na guerra. Desapareceron para sempre as súas fotografías, os seus obxectos persoais, os seus recordos familiares... e moitos viven obsesionados por esa falta de pasado. É curioso, Dzevad, porque eu tampouco manteño nada que me ligue ao pasado... excepto as túas cartas. Nada teño, por exemplo, que me indique que un día habitei o corazón dunha familia normal, con pais e irmáns. Nada. E, con todo, prefiro que así sexa: desde a súa desaparición renunciei á memoria. Se cadra, porque esa lembranza anterior á guerra era tan doce que podería afundirme para sempre. Ou se cadra porque a vida nin tan sequera me deu a posibilidade de botalos de menos. Non o sei. Por iso me abraia esa obsesión polos pequenos obxectos do pasado que mostran a maior parte das persoas coas que trato.

Extracto do relato A Gerra de Fran Alonso incluído no libro O son das buguinas

3 comentarios | 408 clicks


También te puede interesar:


Comentarios

 #1. chelo - martes, 02/02/2010 14:37

Estas cousas poñen os pelos de punta ¿non? loitemos porque nunca xamais ninguén teña que escribir tan tristes relatos.......!

 #2. emereci - viernes, 12/02/2010 15:20

Líchelo? E logo por que non viñeches á reunión?!

 #3vic - sábado, 13/02/2010 19:22

Si que o lin, e gustoume! Quizáis se teño que elexir un conto quédome co de Fran Alonso ou o de María Reimóndez, moi ben contado, fai mover conciencias. Non chegeui a tempo á reunión, tiven unha semana complicada e o mércores ata preto das 11 non cheguei á casa. Xa me pasou o mesmo co de Herta Müller, que por certo, non me gustou nadiña o libro. Para o 24 espero poder estar, e a ver se por fin debuto nas reunións, aínda que tamén traballo de tarde... pero farei o posible por estar que se non aínda me ides botar do clube;) Bico!


Tu comentario:

Autor:   Requerido
E-mail:   Opcional
Página Web:   Opcional
Comentario:
        
No se permite lenguaje HTML. Los enlaces son detectados automáticamente.
Nota: Como llegan bastantes comentarios SPAM he configurado el sistema para que todos los comentarios con algún enlace queden a la espera de ser moderados por el administrador. Si quieres poner enlaces, estos serán bienvenidos, pero tu comentario quedará a la espera de moderación y no será visible hasta que yo lo apruebe. Disculpa las molestias.

El contenido de esta web está bajo una licencia Creative Commons. Lo puedes copiar, modificar y distribuír libremente, con el único requisito de mencionar su origen.

entrar
Tiempo de carga de la página: 0.109 seg.