Portada

De BLOGOVIC

Esta é unha wiki persoal na que comparto cousas que a min me parecen interesantes, e que utilizo no meu día a día ou no meu traballo. A finalidade é compartir coñecemento, documentos, obradoiros, cursos, guías e demais material para a dinamización tecnolóxica e cultural da sociedade. Calquera pode copiar o contido da wiki e utilizalo no seu beneficio como mellor crea, o único requisito a cumprir é mencionar a súa orixe.

Se queres colaborar ou enviarme algún comentario podes poñerte en contacto comigo aquí.

Índice

Índice de artigos

Desde este apartado especial, pódense ver todos os artigos creados: Todas as páxinas

Ou tamén podes optar por este listado manual dos artigos xa creados.

Cursos máis recentes:

Cambios recentes

  • 31/05/2011 - Wiki instalado e configurado.

Que é un wiki?

É un espacio colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo e permite que o contido non teña que ser revisado antes da súa publicación. O meirande Wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.

Para que podemos usar o wiki?

O wiki pretende ser un espazo de colaboración para crear contidos orientados a dinamizar a Sociedade da Información. Agora mesmo só o podo editar eu (Víctor), fíxeno así para evitar o spam e que se encha o wiki de lixo. Se alguén está interesado en colaborar estarei encantado en darlle acceso. O wiki está para colgar calquera información relacionada coa dinamización tecnolóxica e para que todos poidamos compartir os contidos, cursos ou obradoiros que nós realizamos para que queden á disposición de todo o mundo e abertos á colaboración de quen queira aumentar e mellorar o seu contido. Se todos compartimos o traballo que nos leva desenvolver os obradoiros que impartimos, pouco a pouco iremos creando unha gran biblioteca de obradoiros mellorada diariamente e dispoñible á calquera que o precise. Isto pouco a pouco fará o noso traballo máis sinxelo, e por que non, é un espacio en galego para todos aqueles que queiran indagar nos obradoiros.

Empezando

Todas as páxinas do wiki poden ser modificadas por calquera que estea rexistrado. Para rexistrarse é preciso poñerse en contacto comigo aquí. Para editar unha páxina so tes que premer no botón editar que está arriba en todas as páxinas, unha vez dentro verás que xa che aparece un cadro de texto para empezar a contribuír. Gardas a páxina e listo, xa queda modificado e dispoñible para todos os visitantes.

Pódese escribir simplemente texto ou pódeselle dar formato. Para darlle formato hai que coñecer a sintaxis que utiliza o wiki, que se vai coñecendo pouco a pouco, pero hai unha páxina guía que poño máis abaixo, pero tampouco hai que complicarse, o importante é o texto, xa alguén (eu) lle dará o formato axeitado.

Se non estás familiarizado con un wiki pódeslle botar un ollo á axuda da galipedia ou a axuda da Wikipedia en castelán. Alí encontrarás todo o necesario para familiarizarte e en uns minutos xa poderás empezar a edición das túas propias páxinas.

Podes seguir esta orde:

  1. Sintaxis de edición na Wikipedia: como poñer negriña, subliñado, tamaños do texto...
  2. Como editar unha páxina.

E agora que xa estás listo, podes comezar botándolle un ollo aos artigos que xa temos creados e se o cres convinte melloralos ou podes crear dende cero o teu propio artigo.

Crear un artigo novo

Se queres crear un novo é moi sinxelo. Só tes que escribir no cadro de búsqueda que está á esquerda da pantalla o título do artigo que queres redactar e darlle a ir. Como aínda non hai ningún artigo con ese título, no resultado xa che aparece unha ligazón en vermello que ao premer te leva á páxina de edición do teu novo artigo.

Nota: Os artigos e obradoiros están en continuo desenvolvemento, sempre son mellorables. Polo tanto, pode que haxa algún artigo ou obradoiro sen rematar. Calquera pode contribuir e mellorar o seu contido.

Ferramentas persoais